O coronavirus mudou a celebración de vodas e con elas mudou tamén a maneira de retratar eses momentos. Unha empresa de Cangas acaba de lograr un premio internacional ás mellores fotos de voda.

Esta cámara rodante será con toda seguridade a outra protagonista das novas vodas, sometidas agora ás imposicións que establece o estado de alarma.

A tecnoloxía ábrese paso en tempos de coronavirus para lograr o mellor retrato de cada instante.

A empresa que deseñou este aparello é de Cangas e acaba de recibir o premio internacional á mellor fotografía de vodas.

O sector das vodas reinvéntase tamén diante da nova situación, pero case a metade dos que ían casar este ano aprazaron o «si, quero» para o 2021.